A CIG critica que a consellaría reduza un 0,9% o seu orzamento pero aumenta un 1% os fondos para acordos con centros privados.
O Goberno anunciou hai semanas uns orzamentos “austeros” para combater a grave crise. Produto do recorte nas contas, a Consellaría de Educación vai contar cun 0,9% menos de orzamento (2.376 millóns). Aínda así, a CIG-Ensino denuncia que estas baixadas de partidas non lles afecta ao centros concertados, que ven como aumenta un 1% o capítulo de subvencións públicas (259,5 millóns).
Para o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, a caída orzamentaria “comportará que se resinta o sistema público de ensino, que se reduza a súa calidade e a equidade educativa, que non se atendan as demandas educativas e e que non se dote de suficientes profesorado aos centros”. Dende o sindicato nacionalista lembran que mentren que o gasto en educación, con respecto ao PIB é de 4,3% en Galiza, a media da Unión Europea é de 5,2.
Subvención para a RAE, menos cartos para o galego
O Goberno mantén a subvención para a Real Academia Española, que para o vindeiro ano será de 25.543 euros. Porén, o cartos para a normalización lingüística no ensino redúcese un 20%
Poden ver aquí a análise completa que fai a CIG-Ensino dos orzamentos