Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Móbiles no corno de África

A lei islámica prohibe os 'politóns' en Somalia

Os guerrilleiros e a cidadanía en xeral xa non poderán escoitar cancións de Bollywood: só versos coránicos.

Redacción - 12:00 04/11/2009

Os guerrilleiros somalís máis novos están a sufrir o rigor da lei islámica. Así, a liña máis dura de Al Shabaab prohíbelles escoitar música de Bollywood ou ver partidos de fútbol nos seus móbiles: a partir de agora, os teléfonos só poderán soar con versos coránicos pronunciados por cregos musulmáns. Segundo informa Reuters, un dos guerrilleiros, Sacdiyo Sheeq, de 25 anos, amosou a súa tristura por non poder volver escoitar as súas cancións indias favoritas.

Al Shabaab pretende impoñer a súa propia versión estrita da Xaria. Controla boa parte do sur do país e zonas da capital, Mogadiscio, e nos últimos meses tribunais relixiosos da organización decretaron execucións, flaxelacións e amputacións. Tamén prohibiron os filmes, os bailes e as cerimonias de voda, ademais de xogar ou ver partidos de fútbol nas zonas baixo o seu control.

Segundo un voceiro da organización, "non toleramos nada que poida corromper a xente, nin que vaia contra a nosa relixión, especialmente os vídeos e a música sexy". Un exemplo desta política foi o que lle aconteceu a Mahamud Yusuf, de 19 anos, que recibiu 25 lategazos por ouvir música e ver vídeos co seu teléfono.

Pero, coas novas normas que obrigan a poñer como melodía do móbil versos relixiosos, os habitantes das zonas controladas por Shabaab atópanse co dilema de contestar o teléfono, pois a lei relixiosa prohibe interromper a palabra de Mahoma.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: