O 53% dos cidadáns apoia a consulta. Porén, os que votarían por seguir dentro do Estado Español superarían en 11 puntos aos que avogan pola soberanía plena.
O sentimento autodeterminista medra en Cataluña, isto é o que confirma unha enquisa que este luns publica o xornal La Vanguardia. Segundo o estudo demoscópico, o 53% dos cataláns están a prol de que se convoque unha consulta sobre a independencia e un 39% están en contra.
Por orientación de voto, a favor da consulta estaría o 86% dos votantes de ERC, o 60% dos de CiU e o 58% dos de Iniciativa per Cataluña. Entre os votantes do PSC un 44% verían con bos ollos un referendo e entre os do PP un 20%.
Porén, a pesar de que defenden o dereito a decidir libremente, a análise subliña que a maioría dos cidadáns prefire que Cataluña siga estando dentro do Estado Español, un 46 fronte a un 35%. Aínda así a percepción da opinión pública é que o sentimento independentista colle folgos.