Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Participaron 250 pezas

Alfándegas, amor e psicanálise triunfan en Curtas na Rede

'O paquete' foi elixida mellor curta de ficción, 'Freud & Co' a mellor en galego e 'Amor rabiscos e outras coisas' a favorita do público.

Redacción - 11:25 28/10/2009

O certame Curtas na Rede entregou este xoves os premios da súa cuarta edición, a que acadou maior participación ata agora. Entre as 250 curtametraxes, micromovies e cápsulas presentadas ao certame organizado pola Secretaría Xeral de Medios e o Consello da Xuventude de Galicia, atópanse numerosas pezas galegas, ademais doutras chegadas de países como Portugal, Arxentina, México, Chile ou Australia. O certame repartiu 30 mil euros en premios.

Todas as pezas curtas participantes poden verse na web curtasnarede.es. A categoría na que concorreron máis propostas foi a de curtametraxes, con 167 participantes. Xabier Marqués fíxose co premio á mellor curta en galego por Freud & Co, unha sesión de hipnose e psicoanálise pola que Iria Pinheiro obtivo tamén o premio á mellor interpretación feminina. O de mellor curta en castelán obtívoo Pedro Moreno por Señales.

Por xéneros, o gañador en curtas de ficción foi Andrés Goteira por O paquete, unha historia de ritmo trepidante arredor das alfándegas entre os estados portugués e español a principios dos 70. En documental gañou Marcos Nine polo seu seguimento dun neno de catro anos en Aarón. A curta ANIM 01, de Juan Lesta e Belén Moreno, fíxose co premio á mellor curta experimental, e Lelo e as estacións, de María Becerra, a mellor de animación. O público escolleu como mellor curtametraxe Amor rabiscos e outras coisas, do portugués Hugo Ricardo Sousa Ferreira.

Amor Rabiscos e Outras Coisas from hugo ferreira on Vimeo.

Aquí podes ver a listaxe completa dos vencedores de Curtas na Rede 2009:

Curtametraxes de ficción:
1º premio: O Paquete de Andrés Goteira, de Meira.
2º premio: Turno de noche de Víctor Palacios, de Valencia.
3º premio: La trampa del ratón de Juan Pedro Pérez, da Estrada.

Curtametraxes experimentais:

1º premio : ANIM 01 de Juan Lesta e Belén Moreno, da Coruña.
2º premio: En garde! de Emiliano Cano, de Madrid.
3º premio: Meticulosidade de Martín Vázquez Baño, da Coruña.

Curtametraxes documentais:

1º premio: Aarón de Marcos Nine, da Illa de Arousa.
2º premio: Elephant de Octavio Sendoya, de Guipúzcoa.
3º premio: Grissinopoli, la nueva esperanza de María Pilar Reyna Muniain, de Arxentina.
 
Curtametraxes de animación:
1º premio: Lelo e as estacións de María Becerra, da Coruña.
2º premio: Manos jugando en el espacio de Julian Alkorta, de Guipúzcoa.
3º premio: Lina Plastilina de Mercedes Pimiento, de Sevilla.

Micromovies: GPS de Marcos Fernández Vázquez, de Ourense.
Cápsulas: Jeriatric Park de Rafael Navarro, de Valencia.

Mellor interpretación feminina: Iria Pinheiro por Freud & Co.
Mellor interpretación masculina: Xabier Pan por Raccord do carallo.
Mellor guión: Naufragio de Flavio Pires, de Portugal.
Mellor montaxe: Agua de Galder Arriaga, de Madrid.
Mellor dirección: Toño Chouza por Ausencia de Cambio, de Boiro.

Mellor curta en castelán:
Señales de Pedro Moreno, de Madrid.
Mellor curta en galego: Freud & Co de Xabier Marqués, de Vilagarcía.
Mellor bitácora: Disparo de nieve de Toño Chouza, de Boiro.

Premios do público:
Mellor curtametraxe: Amor rabiscos e outras coisas, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira, de Portugal.
Mellor cápsula: Beach Baby, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira de Portugal.
Mellor micromovie: Game Over, de Adán Pichardo, de Huelva.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: