O servizo de aloxamento gratuíto de webs, que mercara por Yahoo! por 3.650 millóns de euros, desaparece pola súa inviabilidade.
Geocities en 1996
Este luns, 26 de outubro, pecha definitivamente Geocities. O mítico portal, con 15 anos de historia, onde se aloxaban páxinas web de balde chega á súa fin, despois de que a súa propietaria, Yahoo!, anunciase o peche no pasado mes de abril. A empresa estadounidense pagara 3.650 millóns de dólares por Geocities en 1999, en pleno auxe das puntocom.
Dende esta primavera xa non era posíbel crear novas contas en Geocities, cun peche gradual que culmina este luns. A directora xeral de Yahoo!, Carol Bartz, tomou a decisión de ir clausurando as áreas de negocio da empresa que xa non eran rendíbeis, e ese era o caso de Geocities. En substitución do defunto servizo, ofrece aloxamento de pago, Yahoo! Web Hosting.