Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Eleccións autárquicas

Os socialistas vencen en Portugal, pero os socialdemócratas acadan máis alcaldías

O PS superou o 37% dos votos, fronte ao 23% dos socialdemócratas e o 10% do Partido Comunista.

Redacción - 11:30 12/10/2009

O Partido Socialista (PS) portugués foi o gañador das eleccións autárquicas, que se desenvolveron este domingo. Porén, o Partido Social Democrata (PSD) conseguiu máis alcaldías e seguirá a presidir a Associação Nacional de Municípios Portugueses.

O PS superou os dous millóns de votos, o 37,65% do total, e 131 presidencias de cámara municipal. Así mesmo, conserva Lisboa e Évora e gaña Leiria e Beja. Da outra banda, o PSD acadou Faro, anteriormente en mans dos socialistas. Aínda que descenderon en número de presidencias, os socialdemócratas acadaron 140, nove máis ca o PS, e o 22,94% dos votos.

A terceira forza foi o PCP, que acadou 28 cámaras, catro menos ca hai catro anos, e quedou por debaixo da barreira do 10% dos votos. Por detrás, con lixeiras subas, quedaron o CDS, co 3,09%, e o Bloco de Esquerda, co 3,02 e a alcaldía de Salvaterra de Magos.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: