Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN COMPOSTELA

Microsoft presentará o Windows 7 en Galiza o mes de novembro

A xornada desenvolveráse no Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia, destinada a profesionais da informática.

Redacción - 12:10 08/10/2009

Microsoft desembarcará en Galiza o próximo 3 de novembro para presentar o seu novo sistema operativo. Será durante a xornada Microsoft TechNet, que terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Compostela, centro dependente da Consellaría de Traballo e Benestar.

Expertos da compañía estadounidense presentarán o novo Windows 7, sistema operativo que chega para superar o non moi ben recibido Vista. A xornada está dedicada a profesionais de tecnoloxías da información, polo que se centrará tamén en produtos para servidores, como o Windows Server 2008 R2, e seguridade empresarial.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: