Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Lingüística na rede

O galego remocica na internet

A nosa lingua é a número 22 entre as máis empregadas na rede de microblogs Twitter, por diante de moitos outros idiomas máis falados.

Redacción - 09:45 05/10/2009

A rede social Twitter está só en inglés e en xaponés. Ademais, o feito de reunir usuarios de todo o mundo e de diferentes linguas fixo necesario que existise algún tipo de tradutor automático para, cando menos, permitir esa comunicación. Por Vilaweb coñecemos o lanzamento de Twinslator, que se atopa en fase beta e inclúe 42 linguas, entre elas o catalán e o galego.

E, a pesar de todo, o galego é unha das linguas máis empregadas en Twitter. Aínda que poida parecer chocante, está por diante do idioma catalán. É máis: é a primeira lingua non oficial dun estado en aparecer, no posto número 22, co 0,104% das mensaxes.

Segundo unha clasificación da que sabemos grazas ao blog de Opaco, e que forma parte dun proxecto de detección de idiomas e tradución baseado no motor de Google, a lingua máis empregada en Twitter é, como era de supoñer, o inglés, con máis do 60%, e cun tamén sorprendente segundo lugar para o portugués, co 9,5% do total das mensaxes. O terceiro lugar vai para os textos aos que non se lles atopou unha correspondencia lingüística fiábel.

Se estes datos se confirman, podería supoñer que o galego é unha das linguas que, en proporción ao seu número de falantes, máis se empregan nesa rede de microblogs. E iso, aínda que haxa moitos usuarios galegos de Twitter que se resisten a empregar a súa lingua propia. E tamén hai que lembrar que existe un equivalente autóctono, Lareta.net, pensado para galegofalantes.


4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: