Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Espionaxe low-tech

Un "ordenador xigante" espíanos, asegura Esperanza Aguirre

A presidenta da Comunidade de Madrid asegura que o ministro do Interior escoita todas as nosas conversas grazas ao mastodóntico aparello.

Redacción - 11:40 29/09/2009
Esperanza Aguirre diante dun computador portátil

Esperanza Aguirre diante dun computador portátil

O ministro do Interior escoita todas as nosas conversas grazas a un ordenador xigante. Este non é o argumento dunha nova serie de ciencia-ficción dirixida por Álex de la Iglesia, senón unhas declaracións da presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre. A política afirmou, nunha entrevista en Televisión Española, que "escoitas habelas hainas", en referencia á suposta persecución do goberno español ao Partido Popular.

Aínda que non especificou onde pode estar o paradoiro dese enxeño que nos fai imaxinar as enormes máquinas cheas de luces de cores da ciencia-ficción de serie B, Aguirre asegurou que "ao parecer hai unha especie de ordenador xigante que lle permite ao ministro do Interior escoitar as conversas de todos nós". Tampouco precisou se "todos nós" se refería á totalidade da poboación ou só aos membros do seu partido.

En calquera caso, habería que supoñer que Alfredo Pérez Rubalcaba dispón de moito tempo libre para poder escoitar todas as conversas telefónicas que se producen a diario. Non foi esta a única afirmación bizarra que efectuou a líder madrileña nesa entrevista, na que cualificou de "chute hormonal" a pílula do día seguinte.


1,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: