Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo o 'Wall Street Journal'

Os EUA renuncian ao seu escudo antimísiles en Europa ante a menor "ameaza iraniana"

A decisión limará tensións con Rusia, que se opuxo desde un principio aos plans do Goberno de George W. Bush.

Redacción - 10:00 17/09/2009
Protesta en Praga, en abril

Protesta en Praga, en abril

A Casa Branca arquivará os plans da anterior administración e non construirá o escudo antimísiles proxectado en Polonia e na República Checa, xa que "Irán non progresa ao ritmo esperado na construción de mísiles de longo alcance", segundo indicaron fontes oficiais estadounidenses ao diario Wall Street Journal.

A decisión, que previsibelmente limará tensións con Rusia, que se opuxo desde un principio aos plans do Goberno de George W. Bush, adoptouse logo de comprobar que o programa armamentístico iraniano non representa unha ameaza inminente para os Estados Unidos ou as principais capitais europeas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: