Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NO PALACIO DE LA ZARZUELA

O rei dos españois recibe o presidente venezuelano

Hugo Chávez, ao saudar a Juan Carlos de Borbón, comentoulle: "Deixaches barba, coma Fidel".

Xurxo Martínez Crespo - 17:12 11/09/2009
O rei dos españois mandando calar ao presidente venezuelano. Non todo tempo pasado foi mellor

O rei dos españois mandando calar ao presidente venezuelano. Non todo tempo pasado foi mellor

"Para cambiar un pouco o look", contestou o rei español Juan Carlos a Chávez, que mantiveron unha pequena xuntanza  de trinta minutos, a primeira que desde xullo de 2008, cando o presidente venezuelano foi recibido polo rei español no Palacio de Marivent, en Palma de Mallorca despois da agresión verbal de Juan Carlos ao presidente venezuelano nun Cume internacional en Santiago de Chile.

O rei español falou con Chávez no Salón de Audiencias da Zarzuela. O presidente venezuelano chegou con media hora de atraso tras entrevistarse no Palacio de la Moncloa co presidente de Goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero. Tanto o rei español coma o presidente venezuelano amosaron unha relación distendida entre apertíns, apertas e risos.

O presidente venezuelano, saudou en dúas ocasións á grande cantidade de xornalistas presentes no salón, brincou rei español sobre as cores das súas respectivas garavatas, verde a de Juan Carlos e vermella a de Chávez, nunha visita protocolaria e sen contido efectivo. O rei español e o presidente venezuelano falaron no despacho do primeiro para, nunha xuntanza privada, á que asistiron os ministros de Relacións Exteriores do Estado español, Miguel Ángel Moratinos, e da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro.

Chávez abandonou a Zarzuela menos de 45 minutos máis tarde, cunha comitiva formada por máis dunha ducia de vehículos, e, sen deterse, saudou desde o interior do seu automóbil aos xornalistas que esperaban a súa saída á entrada do recinto.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: