Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PARLAMENTO

O conselleiro de Educación afirma que fillos de cargos do bipartito estudan en colexios que segregan por sexos

As palabras de Xesús Vázquez provocaron as protestas de deputados da oposición que exixiron sen éxito que se desen nomes.

Redacción - 18:00 09/09/2009
Tags: Parlamento

O conselleiro de Educación prendeu a mecha da polémica este mércores no Parlamento. Durante a súa intervención, Xesús Vázquez xustificou a achega de fondos públicos a colexios que segregan por cuestión de sexo asegurando que o bipartito tamén os subvencionara. Indo máis aló, Vázquez botoulle en cara a falta de coherencia á oposición asegurando que ex altos cargos do anterior executivo levan os fillos a este tipo de colexios.

O conselleiro xustificou as axudas a estes colexios asegurando que “nós respetamos a liberdade, pero vostedes non a queren para os galegos”. Ao remate da súa intervención os diputados socialistas e nacionalistas recriminaron as palabras de Vázquez e rodeárono exixíndolle que dese nomes.

Tal e como denunciara Vieiros no seu día, cinco colexios do Opus Dei que separan nenas e nenos nas aulas reciben dende hai anos axudas públicas para prazas concertadas. Os centros están emprazados nas cidades da Coruña e Vigo.


3/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: