Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE ECONÓMICA

A falta de ingresos dos concellos pon na corda frouxa centos de empregos temporais

Os consistorios temen que a reducción lles obrigue a prescindir de traballadores eventuais vinculados a subvencións chegadas doutras administracións.

Redacción - 19:00 08/09/2009

Os efectos da crise económica tamén se fan notar nos consistorios. As administracións locais, que en moitos concellos do rural son o principal axente de emprego, ven como se reducen os ingresos por impostos locais (licenzas urbanísticas,  IBI...).

O goberno estatal, como principal recadador de impostos, segue a ser a administración que máis fondos directos achega aos concellos. Mais o executivo español xa restrinxiu este tipo de ingresos no presente ano e xa ten previsto facelo outra vez para os orzamentos de 2010.

Un exemplo da preocupación que existe a nivel local é unha das últimas decisións da Deputación da Coruña. O organismo provincial quere que no Plan de Obras e Servizos de 2010 se inclúan partidas para gastos correntes (que son, principalmente, os de persoal). A novidade débese á necesidade de inxectarlle liquidez a algúns concellos que están a facer as contas para poder manter todo o persoal temporal. En total repartiranse 24 millóns de euros entre o perto dun cento de municipios que hai na provincia.

O maná das subvencións

Alcaldes consultados por Vieiros recoñecen que existe a preocupación e que dan por feito que é posíbel que teñan que reducir nos vindeiros meses persoal temporal que está vinculado a determinadas subvencións que chegan dende outras administracións superiores. Coa boca pequena, algún rexedor recoñece que á preocupación polos recortes orzamentarios tamén se suma que sexa precisamente en 2010, un ano antes dos comicios locais.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: