Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
16 centros no país

Varias oficinas de emprego abrirán polas tardes a partir deste luns

O goberno español tomou a medida para "mellorar a resposta ás demandas". O horario ampliarase durante dúas xornadas semanais.

Redacción / EP - 13:15 06/09/2009

A partir do luns 7, 16 oficinas de emprego do país abrirán polas tardes dous días á semana para "mellorar a resposta ás demandas da cidadanía", segundo informou o goberno español.

O horario de apertura pola tarde será de 16:30 a 18:30 horas. As xornadas de quenda vespertina dividiranse por provincias. Así, na Coruña será os martes e os mércores, en Ourense os martes e os xoves e en Lugo e Pontevedra os luns e os martes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: