Esquerda Unida denuncia que na cidade persisten símbolos da ditadura. Pide que a estatua ecuestre de Franco sexa reconvertida nun monolito que homenaxee os represalidados
O Ministerio de Defensa mantén no Arsenal militar de Ferrol rúas con nomes vinculados á ditadura franquista (Luis Carrero Blanco e Almirante Francisco Moreno Fernández) e escudos preconstitucionais en edificios da súa titularidade (Cuartel Sánchez Aguilera ou na reformada Escola de Máquinas). O grupo municipal de Esquerda Unida anunciou que vai presentar unha moción para que o Concello de Ferrol inste a Defensa a retirar os símbolos e placas que permanecen nos espazos militares.
Dende EU tamén solicitan que a famosa estatua ecuestre de Franco, que foi retirada do centro de Ferrol en 2002 e trasladada ao Arsenal Militar, sexa fundida e convertida nun monolito que sirva para renderlle tributo ás persoas represaliadas durante a ditadura.