O perfil do demandante da prestación da Xunta é unha muller de entre 25 e 44 anos, desempregada, con cargas familiares e que vive en áreas urbanas. UXT demanda que a axuda se achegue aos 600 euros.
395 euros ao mes. Estes son os ingresos dos que dispoñen perto de 4.700 persoas que están acollidas á chamada Renda de Integración Social de Galiza (Risga), unha axuda creada no seu día para combater casos de grave necesidade. A crise económica e o aumento do desemprego está facendo que se multiplique a petición de axudas á Xunta.
O sindicato UXT afirma que nos sete primeiros meses de 2009, máis de dúas mil persoas pediron acollerse a estes salarios. Dende esta organización consideran “insuficiente” os 395 euros e piden que a Xunta faga un esforzo para aproximar a axuda ao salario mínimo interprofesional (establecido en 624 euros brutos)
Galiza, coas axudas máis baixas
Para acceder ás axudas, pensadas para poboación en risco de marxinalidade, é preciso cumprir unhas condicións estritas. Fronte aos 395 euros de Galiza, Euskadi e Navarra están á cabeza na dotación deste tipo de axudas, 640 e 560 euros respectivamente.
Nun traballo elaborado pola propia Xunta detállase que o perfil maioritario dos beneficiarios é o dunha mullere de entre 25 e 44 anos, solteira ou separada, con cargas familiares, que vive nunha cidade e o paro.