Os comités das empresas que realizan tarefas no complexo de Cerceda piden unha reunión con Agustín Hernández para consensuar o funcionamento do mesmo.
Os representantes dos traballadores do Complexo Medioambiental de Sogama queren manter unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, para expoñerlle a súa visión do que está a acontecer nas instalacións de Cerceda.
A petición ten lugar logo de que o conselleiro afirmase que parte da posibilidade do posíbel peche da planta de Sigre en Cerceda (na que traballan 32 persoas) era dos comités das empresas que operan no complexo medioambental. Os traballadores da planta cercedense opóñense á incineración de medicamentos.
A este respecto lembran que se realizou unha “proba” na que se queimaron 400 toneladas de fármacos sen teren consultado a realización da tarefa cos representantes dos operarios. Os sindicatos, que denunciaron os feitos diante da Inspección de Traballo, afirman que non se tivo en conta a seguridade e a saúde dos empregados do complexo nin os posíbeis problemas medioambientais.
Poden ler aquí o comunicado completo