Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobre a fraude electoral

A versión 2.0 de "Persepolis" denuncia a represión en Irán

As viñetas de Marjane Satrapi son redebuxadas para denunciar a represión tras as eleccións presidenciais nese país.

Redacción - 12:40 25/08/2009

En Persepolis, Marjane Satrapi contaba en viñetas a evolución de Irán desde 1979: a caída do Sha, a revolución islámica, a guerra entre Irán e Iraq e as súas peripecias vitais ata 1994. Agora, dous mozos iranianos exiliados sérvense das súas viñetas para narrar en Persépolis 2.0 o ocorrido en Irán entre o 12 e o 21 de xuño deste ano, desde as irregularidades nas eleccións presidenciais ata as protestas populares e a represión contra os manifestantes.

A nova versión sérvese dos debuxos de Satrapi, modificando a narración e os diálogos para adaptalos aos acontecementos deste verán. O cómic arranca coas esperanzas dos seguidores de Mir-Hossein Mousavi de que este gañe as eleccións, que pronto se ven truncadas co anuncio da vitoria de Ahmadineyad. Isto desencadea as primeiras protestas, cada vez máis multitudinarias, apoiadas polo uso das redes sociais en Internet, en especial Twitter. Cando Khamenei ratifica o resultado electoral e declara ilegais as manifestacións, aumentan as protestas e increméntase a represión por parte das milicias. O cómic remata coa morte da moza Neda Soltan.

Os mozos exiliados Payman e Sina lanzaron desde a web www.spreadpersepolis.com esta nova versión de Persepolis, co obxectivo de chegar ao maior número de lectores posible. O cómic pode lerse en liña, descargarse en formato pdf e ler como unha tira de imaxes de Flickr. Os seus promotores animan a espallar o cómic a través de Facebook, Twitter e outras redes sociais.


Ligazóns

4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: