Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN RIBADEO

Rinlo, a memoria revelada

O forte de San Damián acolle até o 30 de agosto unha exposición fotográfica que reivindica a catalogación da parroquia como Ben de Interese Cultural.

Redacción - 12:30 24/08/2009

Dende 2008 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural tramita un expediente para a declaración de Rinlo como Ben de Interese Cultural, na categoría de lugar de interese etnográfico. Aínda que a esta parroquia de Ribadeo lle sobran argumentos para lograr esta catalogación, os promotores da iniciativa son conscientes da necesidade de seguir concienciando aos propios veciños da importancia do patrimonio propio.

Un dos mellores exemplos destas campañas pódese ver até o vindeiro 30 de agosto no forte de San Damián (Ribadeo). Alí, o fotógrafo local Fernando Páez ten unha exposición que pretende resaltar a singularidade e os valores patrimoniais desta parroquia mariñeira. As imaxes falan por si soas. A exposición está aberta ao público de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.


5/5 (29 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: