Aquí temos, mesmiño saída do forno do verán, a selección que xurado e público fixeron para a gran final.
A Belén Xestal e Alberto Dopico (do programa da TVG, Quen Toca?), Alberto Rivero (da Radio Galega) e o actor e humorista Roberto Vilar correspondeulles a difícil tarefa de remexer na creatividade musical desta edición 2009 e escoller cinco temas para esta fase final. E estas son as cinco pezas elixidas polo xurado desta edición 2009 de A Polo Ghit:
Por outro lado, lembrámosvos os cinco escollidos polo público, froito das vosas votacións, e coñecidos xa desde o pasado xoves cando rematou a votación popular a través de internet e na radio:
Recordámosvos que os marcadores do voto quedan a cero outra vez desde este mesmo sábado. A votación agora farase en exclusiva sobre as dez pezas finalistas. E ollo: está permitido unicamente un voto por usuario e computador (só un voto por
IP) cada día!
Podedes votar deica o xoves día 27 ás 12 horas, momento en que remata o prazo. O ghit do verán 2009 elixido polo xurado será coñecido o sábado 29 de agosto.