Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
multas por valor duns 18 millóns

A UXT denuncia máis de 7 mil infraccións cometidas por empresas en 2008

O sindicato pide o incremento do número de inspectores en Galiza e a mellora dos seus medios técnicos para desenvolveren o seu labor.

Redacción / Europa Press - 09:30 15/08/2009

A UXT denunciou un incremento do 24,9% das infraccións cometidas por empresas galegas en 2008, con máis de 7 milen acta e un importe de sancións de 16,8 millóns de euros. En 2007, o número de faltas foi de 5.951, mentres que se pagaron multas por 15,6 millóns de euros. Concretamente, entre xaneiro e decembro do ano pasado, a inspección realizou un total de 26.767 visitas, das que se derivaron 79.085 intervencións que se resolveron con 7.434 infraccións en acta e un importe de 16,8 millóns de euros.

Este aumento deuse, segundo subliñou o sindicato nun comunicado de prensa, "a pesar da diminución da actividade das empresas a causa da crise", e malia que o número de actuacións realizadas pola Inspección de Traballo en Galiza descendeu en máis de 7.000, segundo os últimos datos dispoñibles que achegou UXT. Para a Comisión Executiva da UXT-Galicia, este balance "demostra a importancia da actividade da Inspección de Traballo e Seguridade Social". "Hai que recordar que entre os seus obxectivos destaca a loita contra a fraude, tanto en materia de réxime económico coma no mal uso de determinadas modalidades de contratación", explican.

Por iso, demandan o "incremento" do número de inspectores en Galiza e a mellora dos seus medios técnicos para desenvolver o seu labor. O sindicato apelou á ratio estabelecida no contexto da Unión Europea, "un inspector por cada 10 mil traballadores", que ven "lonxe" da que existe hoxe en Galiza --un inspector por 18 mil traballadores--.

Por provincias e ámbitos
Por provincias, destacan que Pontevedra "sitúase á cabeza do número de infraccións", con 2.507 faltas --7,7 millóns de euros-- ; e séguelle A Coruña, con 2.235 e 6,5 millóns. Pola súa parte, Ourense, con 2.147 quebrantamentos e 1,2 millóns, experimentou o maior aumento, xa que en 2007 rexistrou 524. Na de Lugo, as empresas cometeron 545 infraccións, polas que os titulares tiveron que aboar 1,3 millóns en concepto de sanción por incumprir a lexislación ben en materia de relacións laborais, seguridade e saúde, Seguridade Social ou emprego e estranxeiría.

Precisamente, en función do ámbito que orixina a sanción, destacan as infraccións en materia de Seguridade Social, con 41.333 actuacións, 2.588 infraccións e un importe de 3 millóns. O número total de traballadores afectados foi de 3.933, o que promoveu 3.870 altas na Seguridade Social. Neste caso, resalta a provincia de A Coruña "á cabeza en número de infraccións" subliña a UXT, cun importe de 1,2 millóns de euros a causa de 1.010 faltas. Os traballadores afectados foron 1.791 e provocaron a alta a 1.069 persoas.

Nas relacións laborais, Inspección realizou 6.254 actuacións que remataron con 2.215 infraccións en acta e un importe de 2,4 millóns. Un total de 4.882 traballadores víronse afectados e 2.345 contratos transformáronse en indefinidos.

Por provincias, as empresas cometeron neste ámbito 1.682 infraccións en Ourense, que orixinaron un pagamento de 133.469 euros. Non obstante, o sindicato destacou que Pontevedra está "á cabeza" en canto ao importe das multas, con 1,3 millóns, aínda que as infraccións non superan as 280, o que evidencia a magnitude e gravidade destas". De feito, o número de contratos transformados en indefinidos superou nesta provincia os 1.000; mentres que na Coruña --228 infraccións, 781.000 euros-- foron 892 contratos. No caso de Lugo, rexistráronse 25 infraccións, pagáronse 110.000 euros e transformáronse 108 contratos.

En canto ao emprego e a estranxeiría, en Galicia realizáronse 5.080 actuacións, das que se derivaron 580 infraccións, cun importe de 3,4 millóns e 580 traballadores afectados. Pontevedra é a primeira a este respecto, con 283 infraccións, 1,6 millóns e 283 afectados. Séguenlle A Coruña, con 204 infraccións --1,2 millóns de euros-- e 204 afectados; Ourense, con 52 infraccións --301.000 euros-- e 52 afectados; e Lugo, con 41 infraccións, 246.000 euros e 41 afectados.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: