A Asociación Xuvenil Peña Freixo de Vigo convoca un concurso audiovisual que non premia a precisión técnica nin a calidade artística.
Cada vez hai máis festivais en Galicia que se centran en proxectar e premiar curtametraxes. Pero o que propón a Asociación Xuenil Peña Freixo de Vigo é bautizar co nome de cutremetraxe un xénero tan extendido como o das curtametraxes caseiras gravadas sen medios.
O I Concurso de Cutremetraxes de Freixo premiará as pezas audiovisuais máis cutres. A temática é libre, pero a organización advirte que se reserva o dereito de non admitir películas que sexan demasiado violentas ou, como é lóxico, pouco cutres. O prazo para presentar curtas ao concurso remata o 13 de setembro.
As pezas presentadas exhibiranse a primeira fin de semana de outubro no barrio de Freixo, en Valadares, Vigo. Será no transcurso dunha Festa Cutre, na que será o público o encargado de escoller as cutremetraxes merecedoras de recibir os tres premios: de 100, 75 e 50 euros.