Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reconto dos votantes da emigración

Os votos do exterior entregados en prazo nas eleccións do 1M: 101.708 papeletas

O número total de envíos de documentación electoral con motivo dos comicios de marzo foi de 335.452.

Europa Press - 09:15 03/08/2009
Tags: 1M CERA votos

O número de votos entregados en prazo procedentes do exterior nas eleccións do pasado marzo ao Parlamento galego a través de Correos ascenderon a un total de 101.708, segundo informou o goberno español a través dunha resposta escrita ao deputados do PP por Ourense, Celso Delgado Pradairo e ao daquela deputado Xesús Vázquez.



A distribución por provincias dos 101.708 votos recibidos dende o exterior nas eleccións ao parlamento deste ano, segundo datos ofrecidos por Correos e Telégrafos, foi a seguinte: 35.321 votos en A Coruña; 15.496 en Lugo; 21.804 en Ourense; e 29.087 votos na provincia de Pontevedra. Por outra banda, na resposta ao Grupo Popular detállase que o número total de envíos de documentación electoral con motivo dos comicios de marzo foi de 335.452. Desta cifra, 117.920 foron remitidos dende a delegación provincial do Censo Electoral de A Coruña; 44.007 dende Lugo; 74.471 dende Ourense; e 99.054 dende a delegación de Pontevedra.



O executivo estatal tamén achegou nos datos correspondentes ao envío desta documentación as cifras divididas por continentes, dos cales América foi o que máis envíos recibiu, cunha cantidade de 253.077, distribuídos dende as provincias galegas do seguinte xeito: 86.628 dende A Coruña; 35.840 dende Lugo; 54.117 dende Ourense; e 76.492 envíos dende Pontevedra. O segundo continente que máis documentación electoral recibiu das eleccións ao Parlamento de Galicia deste ano foi Europa, cun total de 80.160 envíos; seguida de Oceanía, con 1.182; África con 670; e por último Asia, cun número total de 363 envíos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: