Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Festividades optativas

En Amurrio (Euskadi), nin 'Constitución' nin 'Hispanidade'

O PP presenta un recurso contra a decisión do Concello (EA) de dar liberdade aos traballadores municipais para folgar ou non eses dous días.

Redacción - 11:30 30/07/2009

O presidente do PP na comarca de Aiaraldea (Araba, Euskadi), Santiago Abascal, anunciou que presentarán un contencioso administrativo contra a decisión do Concello de Amurrio de permitir que os operarios municipais traballen os días da Hispanidade e da Constitución española.

O Concello de Amurrio elaborou un decreto o 7 de xullo onde se recolle esta norma. Así, aqueles que o desexen poderán non folgar "os días 12 de outubro e 6 de decembro, cando non sexan domingo ou día de descanso". Ademais, "as horas traballadas neses días terán consideración de laborábeis", é dicir, como unha xornada normal.

Abascal considera que con esta decisión o Goberno municipal, que preside Pablo Isasi Agirre (Eusko Alkartasuna, EA), "incumpriu a lei" xa que "vai en contra da resolución do 5 de novembro de 2008 do Goberno de España polo que se publica a relación de festas laborábeis de 2009", dixo.

E tamén, engadiu, "vai en contra do decreto do 22 de abril polo que se aproba o calendario oficial das festas laborábeis do País Vasco para 2009". Segundo Abascal, "os decretos sobre as festas estipulan que se poden substituír o día 6 de xaneiro, o Xoves Santo, o 19 de marzo ou o 25 de xullo, mais en ningún caso o día da Hispanidade ou o día da Constitución Española".

"Borrar toda pegada de España"

O dirixente popular subliñou que a actitude do Concello de Amurrio "é un incumprimento da lei porque quere facer desaparecer dúas das festas máis importantes que corresponden a toda a nación española e queren borrar toda pegada que supoña unha connotación co resto de España". Por iso, tamén pediu á delegación do Goberno español que "faga cumprir a lei e que tome cartas no asunto".


4,71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: