Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A canción do verán

A Polo Ghit agarda as pezas de última hora!

Este mércores 29 de xullo péchase o prazo de recepción de aspirantes. En breve desvelaranse o xurado e os premios.

Redacción - 09:30 29/07/2009

Xa falta menos para que remate o prazo de recepción de cancións candidatas a ser o tema do verán 2009. A caixa de correo de A Polo Ghit pecha este mércores 29 de xullo. É dicir, que se algunha candidatura chega despois da medianoite desa xornada, xa non poderá entrar no concurso.

Aos 48 temas que están a concorrer no certame sumaránselles os que están a chegar nestes últimos días. As novidades presentaranse, como até agora, na fin de semana. Tamén contamos con facer públicos os nomes das persoas que integrarán o xurado deste ano e que decidirán cales serán cinco dos 10 finalistas. A outra metade dependerá das votacións do público. Asemade, desvelaranse os premios desta cuarta edición de A Polo Ghit.

Só nos queda desexarlles sorte a todos os participantes e rapidez aos que teñan pensado participar e aínda non enviasen a súa proposta. A polo ghit!


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: