Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cen días de Goberno

PPdeG: "Hai un cambio de rumbo logo da lexislatura do despilfarro"

Os populares insisten en que se confirma unha "viraxe" e teima en acusar de "desbalde" a herdanza do bipartito.

Europa Press - 09:30 27/07/2009
Antonio Rodríguez Miranda, voceiro do PPdeG

Antonio Rodríguez Miranda, voceiro do PPdeG

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, asegura que os cen primeiros días do seu xefe de filas, Alberto Núñez Feijoo, confirman o "cambio de rumbo político" en Galiza despois dunha lexislatura de Goberno bipartito, "marcada polo despilfarro". "Desprenderse do 'supercoche' de Touriño foi o primeiro símbolo do cambio, aínda que non o máis importante", indicou en declaracións a Europa Press.

Na mesma liña, Rodríguez Miranda identificou esta primeira etapa de Feijoo á fronte da Xunta co "aumento das liberdades e da rexeneración democrática". Como exemplo, aludiu á consulta do galego no ensino ou á reforma da Lei de Función Pública, para que os opositores elixan o idioma no que realizan os seus exames.

Do mesmo xeito, o voceiro popular felicitou o novo xefe do Executivo por lograr que Galiza "sexa respectada" en Madrid e teña "máis peso". "Feijoo traballa con firmeza e con lealdade institucional", sinalou Rodríguez Miranda e referiuse á negociación do novo modelo de financiamento autonómico.

Tamén subliñou os avances "rexistrados" no que respecta ao cumprimento de promesas electorais e criticou a oposición por esixirlle á nova Xunta "que faga en catro días o que eles non fixeron en catro anos". Como grandes retos pendentes para o novo Goberno, o dirixente popular referiuse a "superar" a crise económica, aínda que asegurou que "xa se canalizou o camiño" para logralo. Neste contexto, Rodríguez Miranda resaltou a aposta de Feijoo por "impulsar" o Xacobeo 2010, como un instrumento "indispensábel" para reflotar a economía.



Estatuto Con respecto á reforma do Estatuto, ratificou a intención de Feijoo de remitir unha proposta á Cámara nesta lexislatura e resaltou que nos Gobernos do PP "sempre se avanzou moito en materia de autogoberno". "Co bipartito, non tanto, malia as súas proclamas", engadiu. Neste escenario, Rodríguez Miranda apostou por traballar "sen présa pero sen pausa" para articular un novo texto que sirva para "mellorar a calidade de vida dos galegos". "A norma debe estar para iso, non para responder a intereses partidistas", concluíu.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: