Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FISCALIDADE AMBIENTAL

Quen contamine, que pague

Gravar a enerxía nuclear, os verquidos ou as bolsas de plástico dun só uso son algunhas das ideas dunha proposición de lei presentada por IU-ICV en colaboración con colectivos ecoloxistas.

Redacción - 09:30 22/07/2009

Un imposto sobre a o verquido e a incineración de residuos, de xeito que os ingresos fosen cedidos ás comunidades autónomas; outro sobre as bolsas de plástico dun só uso, similar ao que xa existe en Irlanda; unha taxa que grave a enerxía nuclear ou o almacenamento de residuos radioactivos... E así unha longa lista de medidas que configuren un marco normativo fiscal que contemple criterios ambientais. Iso é o que acaba de propoñer en forma de Proposición de Lei no Congreso dos Deputados Izquierda Unida-Iniciativa per Catalunya Verds (IU-ICV), xunto con WWF España, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Comisións Obreiras.

Estes impostos sumaríanse ás modificacións que se introducen nos xa existentes sobre hidrocarburos, matriculación, impostos de sociedades, IRPF ou IVE. O obxectivo sería gravar en maior medida as actividades máis contaminantes, eliminar certos beneficios fiscais ambientalmente inxustificábeis e bonificar as prácticas máis sostíbeis. Ao tempo, búscase modificar os comportamentos dos cidadáns e das empresas e favorecer unha economía máis sostíbel grazas ao aumento da recadación fiscal, xa que comunidades autónomas e concellos recibirían estes ingresos e reducirían a súa dependencia da construción.

Impostos ambientais
Ademais da idea de gravar os verquidos e a incineración de residuos ou o uso de bolsas de plástico, a Proposición de Lei tamén contempla cambios en algúns dos impostos actuais, como eliminar a exención da taxa de hidrocarburos dos voos domésticos, aumentar as tarifas de fuelóleo, aproximar os tipos de gravame do gasóleo á gasolina ou introducir deducións para as inversións en enerxía e auga.

Asemade, propón deducións pola adquisición de abonos de transporte público por parte dos cidadáns ou aplicar reducións no Imposto sobre Valor Engadido (IVE) dos produtos ecolóxicos. Tamén propón que a recadación do imposto que gravaría a produción de enerxía nuclear se adique a un Fondo de Desenvolvemento para dinamizar a actividade económico dos concellos con centrais nucleares.

Outra medida sería a de cobrar un tributo polo cambio de uso do solo, unha proposta que desincentivaría a urbanización dispersa e as actuacións urbanísticas máis especulativas. Ademais, a proposta de IU-ICV fala de modificar algúns tributos para primar as actitudes ecolóxicas e penalizar aquelas prexudiciais para a saúde e o medio ambiente.


Ligazóns

4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha das propostas é que os vehículos paguen un imposto de circulación acorde coas súas emisións / Greenpeace
Unha das propostas é que os vehículos paguen un imposto de circulación acorde coas súas emisións / Greenpeace
Outra das ideas é gravar a aquelas empresas que ofrezan bolsas de plástico dun só uso
Outra das ideas é gravar a aquelas empresas que ofrezan bolsas de plástico dun só uso