Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma do financiamento autonómico

Cautela desde o PPdeG

O voceiro do PP en Galiza, Antonio Rodríguez Miranda, insistiu en que os intereses galegos quedan supeditados ás esixencias dos cataláns "de ERC".

Redacción / EP - 08:00 13/07/2009

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, pediulle este domingo ao goberno español que "trate de traballar polos intereses comúns e xerais" e que "non utilicen as institucións" para "intereses partidarios", en relación ás negociacións do novo modelo de financiamento autonómico.

Concretamente, Rodríguez Miranda lamentou, en declaracións a Europa Press, que o interlocutor para "facer unha repartición equitativa solidaria e xusta entre comunidades" sexa "un partido político como é ERC". "Non podemos permitir que os intereses de Galiza poidan estar supeditados ao que pense ou opine Esquerra Republicana, sentenciou.

Así, criticou que o PSOE "en vez de manter a lealdade institucional" utilice os fondos públicos estatais para "garantir" o seu beneficio parlamentario, xa que --os fondos-- son "de todos os españois". "Deberían ser administrados co máximo rigor e seriedade".

Así mesmo, asegurou "non poder" valorar o borrador do novo modelo de financiamento do goberno español xa que "non sabe a proposta do Estado para Galiza", aínda que avogou por "criterios como envellecemento ou dispersión, para que cada un dos servizos se presten coas mesmas garantías".

Finalmente, destacou que a porcentaxe que defende o PPdeG é "a folla de ruta marcada" no Parlamento de Galicia e pide "a todos -- os partidos -- manter a unidade" e avanzou que "cando a proposta veña por escrito se fará unha valoración seria e rigorosa".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: