Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O premio, "o mellor do mundo: ter fe"

Concurso de "penitentes" na TV turca

Líderes de varias relixións competirán por converter os participantes, ateos, dun show televisivo á cadansúa fe.

Redacción - 10:30 05/07/2009
O gañador peregrinará gratuítamente ao lugar santo da relixión á que se decida converter

O gañador peregrinará gratuítamente ao lugar santo da relixión á que se decida converter

Líderes de varias relixións diferentes tentarán que os concursantes ateos do programa da TV turca Tovbekarlar Yarisiyor (Competición de Penitentes) se convertan á fe que profesan. O obxectivo é que polo menos un dos dez participantes en cada episodio, como Saulo, 'caia do cabalo'.

Os que o fagan gañaran unha peregrinaxe espiritual gratuíta ao lugar santo da nova relixión escollida. Os musulmáns viaxarán á Meca. Os xudeus e os cristiáns, a Xerusalén. E os budistas, ao Tíbet informa a prensa inglesa.

Na súa promoción, o show televisivo promete que os conversos gañarán tamén "serenidade" e "o maior premio da historia ... crer en Deus". Os produtores agardan que o programa, previsto para setembro, promova as crenzas relixiosas e eduque a maioría musulmá do país sobre outras fes.

O concurso está estritamente limitado aos non crentes e os participantes deberán pasar un exame previo ante un comisión de oito teólogos. Ademais, os conversos serán vixiados para confirmar que a transformación é xenuína e non un calote.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: