Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BAIXADA DO PARO

UXT atribúe ao bipartito a baixada do número de parados

Insta ao Goberno a traballar na elaboración dun "plan de choque" que se complemente co "plan anticrise" anunciado polo executivo que dirixe Rodríguez Zapatero.

Redacción - 17:51 02/07/2009

A Unión Xeral de Traballadores (UXT) valorou o descenso do paro por terceiro mes consecutivo como un "reflexo de que os acordos asinados no marco do proceso de diálogo social aberto en Galicia co anterior Executivo aínda están a dar os seus froitos". Tamén instaron ao Goberno de Núñez Feijoo a acelerar o diálogo social para avanzar así na elaboración do "tan anunciado plan de choque" galego que se complemente co "plan anticrise" presentado polo goberno estatal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: