Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA ACADAR UN CERTIFICADO

A Generalitat dará cursos de catalán aos inmigrantes

Recibirán clases sobre a lingua e a cultura, ademais de información sobre os seus dereitos ou o mercado laboral.

Redacción - 17:00 03/06/2009
O Govern negociará co executivo central para que ese documento sexa tido en conta para facilitar a obtención de papeis de residencia

O Govern negociará co executivo central para que ese documento sexa tido en conta para facilitar a obtención de papeis de residencia

Será a partir do ano que ven. Os inmigrantes que así o desexen poderán tomar parte nun curso de integración social, no que recibirán información non só sobre os seus dereitos, deberes ou sobre o funcionamento do mercado laboral, senón tamén sobre a lingua e a cultura catalás. Este seminario será de balde e voluntario e, segundo a titular do Departament d'Acció Social i Ciutadania, Carme Capdevila, "servirá para demostrar o arraigo no país". Do mesmo xeito adiantou que o Govern negociará co executivo central para que ese documento sexa tido en conta para facilitar a obtención de papeis de residencia e outros procesos de estranxeiría.

Na actualidade, cada concello decide os mecanismos a empregar para integrar aos estranxeiros e que é o necesario para outorgarlles o certificado de arraigo que solicita o Estado para regularizar a súa situación. O obxectivo é que, con esta lei, se unifiquen as actuacións en todo o territorio. Cun orzamento de 34 millóns de euros crearanse 11.700 cursos de catalán, a lingua que "guiará todo o proceso de acollida", segundo Capdevila. Do mesmo xeito engadiu que, unha vez que se acrediten competencias básicas no primeiro idioma, poderían darse tamén clases de castelán.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: