En China, no entanto, bloqueouse o acceso a varios sitios de internet e medios internacionais, e os xornais locais ignoran a data.
Amnistía Internacional asegura que unhas 200 persoas permanecen encarceradas polas súa participación nas manifestacións de xuño de 1989, que remataron na matanza da Praza de Tiananmen, ou como se lle denomina oficialmente en China "o incidente do 4 de xuño".
Mentres que, segundo os correspondentes de medios internacionais no país, foi bloqueado o acceso a varios sitios de internet como Twitter, Flickr ou YouTube, así como a canles de TV como a BBC, o 20º aniversario dos sucesos ten ampla cobertura nos xornais occidentais.
BBC: Tiananmen killings: Was the media right?
A canle pública británica ofrece un amplo especial informativo, centrado no material de arquivo -audio, imaxes, etc.- que posúe, e contextualizado polo daquelas correspondente en Beijing, James Miles. O periodista detalla o traballo realizado por el e polos seus colegas durante aqueles días.
Frankfurter Allgemeine Zeitung: "Wovor soll ich jetzt noch Angst haben?"
A testemuña dunha das Nais de Tiananmen que perdeu ao seu fillo durante as protestas e afirma non ter xa medo a falar centra a información do rotativo alemán, que tamén destaca nas súas páxinas o vixésimo aniversario
The New York Times: Behind the Scenes. Tank Man of Tiananmen
O diario estadounidense, ademais de traer á lembranza os tráxicos sucesos, analiza a famosa foto do "home tanque" dende a perspectiva dos catro fotógrafos que inmortalizaron aquel momento. Ademais, na sección de Opinión dálle voz a máis de media ducia de representantes da disidencia: China's New Rebels. Esta información vén ilustrada con imaxes de protestas nos últimos meses.
Libération: Tiananmen, vingt ans après
O periódico francés tamén destaca o aniversario nun dossier onde repasa en varias pezas xornalísticas os acontecementos que desencadearon na carga militar contra os manifestantes o 4 de xuño.
Reuters, AFP, AP, EFE
As principais axencias de noticias internacionais -as que surten de información a medios de comunicación de todo o mundo- céntranse en recalcar o incremento da seguridade nos arredores de Tiananmen dende a pasada fin de semana, o veto aos xornalistas a filmar e entrevistar peóns na praza e o bloqueo no acceso á información en China.