Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS

O paro baixa en Galiza por segundo mes consecutivo

En Galiza, o desemprego rexistrou un descenso do 1,49% no mes de maio, mentres que no Estado Español o descenso foi do 0,68%.

Redacción - 10:15 02/06/2009
O número de parados baixou por segundo mes consecutivo en Galiza

O número de parados baixou por segundo mes consecutivo en Galiza

O número de parados rexistrados nas oficinas do Inem baixou en 3.144 persoas en maio con respecto a abril (-1,49%), rexistrando o seu segundo descenso mensual consecutivo. O total de desempregados galegos sitúase así en 207.518 persoas, segundo informa o Ministerio de Traballo e Inmigración.

Por provincias e sectores
A de Lugo foi a provincia na que se experimentou un maior descenso do desemprego, cunha baixada mensual do -3,07%. Séguelle Pontevedra (-2,15%), Ourense (-1%) e A Coruña (-0,62).

O sector servizos foi o que liderou a creación de emprego, xa que empregou neste pasado mes a un total de 2.243 persoas máis. Séguelle a industria (-891), a construción (-789) e finalmente atoparon traballo un total de 573 demandantes sen emprego anterior. Pola contra, o sector da agricultura viu perder tamén neste mes outros 206 traballadores.

Datos do Estado
Mentres, o paro rexistrado no Estado Español baixou en 24.741 persoas (o 0,68%) logo de 14 meses de subas consecutivas, co que a cifra total de desempregados situouse en 3,6 millóns de persoas. Dende maio do ano pasado o paro incrementouse en 1.266.564 persoas (o 53,8%).


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: