A banda deseñada galega estaba nominada a sete premios, aínda que finalmente tivo que conformarse con estes dous recoñecementos á edición.
Dous premios de sete. Son os galardóns que a nosa banda deseñada trae dun Salón do Cómic de Barcelona con máis protagonismo galega ca nunca, cando menos no eido institucional. Dos sete premios posíbeis, entre os que había autores como David Rubín (candidato a mellor debuxo) ou Jacobo Fernández (mellor autor revelación), ou fancines como Carne líquida e Condorito muerto, só BD Banda volveu coas mans cheas. Fíxose cos galardóns á mellor obra e mellor guión por As serpes cegas, álbum do balear Bartolomé Segui e do valenciano Felipe Hernández Cava que narra unha historia de axustes de contas no marco da Guerra Civil española.
Non houbo sorte, en cambio, nas votacións do público, nas que os galegos non conseguiron premios; o pasado ano Retranca, Antonio Seijas co seu álbum Un home feliz, e Alberto Vázquez, gañaron nos premios populares. Pola súa banda, Ana Miralles, debuxante da serie Eva Medusa, En busca do unicornio e de Djinm, foi galardoada co Gran Premio do Salón, sendo a primeira muller que recibiu este galardón dende que se inaugurou o Salón do Cómic.
O sábado, na súa visita ao stand da Xunta, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, informou de que neste mesmo ano se aprobarán un total de 5 bolsas destinadas aos ilustradores da Comunidade Autónoma. As bolsas terán por obxecto a elaboración de bandas deseñadas extensas que presenten historias orixinais e inéditas redactadas en galego.
Lista completa de premiados:
Mellor fanzine do 2008 : Rantifuso
Mellor revista do 2008: Amaníaco
Premio á divulgación da historieta 2008: Alvaro Pons
Premio á libraría especializada 2008: Continuará (Barcelona)
Mellor obra estranxeira publicada en España no 2008: Jaime Hernandez por A educación de Hopey Glass, (Edicións A Cúpula)
Premio Josep Toutain ao autor revelación do 2008: Pere Mejan por A Revolución dos Pinceis (Dolmen)
Mellor guión do 2008: Felipe Hernández Cava por As Serpes Cegas (BD Banda)
Mellor debuxo do 2008: Pere Mejan por A Revolución dos Pinceis (Dolmen)
Mellor obra do 2008: Cava e Seguín por As serpes cegas (BD Banda)
Premios populares do Salón:
Mellor Fanzine: Hotel Safari
Mellor Revista: Dolmen
Premio á Divulgación do Cómic: Toni Guiral
Mellor Obra Estranxeira publicada en España: Joe Quesada e J. Michael Straczynski por Spiderman: un día máis (Panini Cómics)
Autor Revelación Espanyol: Victor Jiménez Revoltas por Neno malo (Ed. Glenat)
Mellor Guión: Josep Busquet por A revolución dos pinceis (Ed. Dolmen)
Mellor Debuxo: Roger Ibáñez por Jazz Maynard. Contra vento e marea (Ed. Diábolo)
Mellor obra: Quim Bou por Orn 2 (Ed. Dolmen)