Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao longo da lexislatura

Feijoo asegura que os gabinetes da Xunta aforrarán 30 millóns de euros

"Uns 5 mil millóns de pesetas", subliñou o presidente do Goberno, insistindo en que é exemplo da promesa de "austeridade".

Redacción - 18:30 28/05/2009

Segundo debullou Alberto Núñez Feijoo á saída do Consello da Xunta, haberá unha redución de persoal de gabinete de até o 26%, incluíndo asesores e postos de libre designación, "que permitirá aforrar dous millóns de euros por ano". A maiores, explicou Núñez Feijoo que o seu Goberno reduce nun 46% o número de altos cargos e recordou a supresión dos delegados provinciais e de tres consellarías, aforro que, subliñou, chegará aos 7,8 millóns de euros cada ano, até un total de 30 ao cabo da lexislatura. "A austeridade impregna cada acción de Goberno", teimou Feijoo, logo de que o Consello aprobase este xoves a nova estrutura orgánica das consellarías de Facenda, Sanidade e Mar.

Polo miúdo, falou Feijoo da supresión dunha axencia marítima con orzamento dun millón de euros, cuxas funcións serán cubertas coa creación de tres prazas de funcionarios de nivel 30. No caso de Facenda, explicou o presidente da Xunta que se rebaixan tres subdireccións á categoría de servizos e en canto a Sanidade, aclarou que haberá unha dirección xeral e dous subdireccións xerais menos que co anterior Goberno. Ao fío afirmou Feijoo que o aforro que saia de aí será destinado a un "fondo de austeridade" que, apuntou, sería usado "para intentar diminuír o burato" que acusa de deixar ao anterior Goberno. De xeito concreto, asegurou que os fondos se desviarían cara a "gasto social", falando especificamente dos obxectivos marcados pola Lei de Dependencia.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: