Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
EUROPEAS2009

Manuel Vázquez di que serán unhas eleccións "fundamentais"

Os socialistas abriron campaña en Compostela. O candidato Antolín Sánchez Presedo cualificou os comicios do 7 de xuño como "os máis importantes da historia de Europa".

Redacción - 09:45 22/05/2009
Manuel Vázquez e Antolín Sánchez, no acto de apertura

Manuel Vázquez e Antolín Sánchez, no acto de apertura

O PSdeG-PSOE abriu a campaña para as eleccións ao Parlamento europeo en Compostela, cunha pegada de carteis virtual. O secretario xeral do partido, Manuel Vázquez, cualificou os comicios de "fundamentais" para que Galiza participe nas decisións europeas.

Segundo Vázquez, o país "xa está empezando a padecer as receitas da dereita", co novo Goberno, e considerou que estas políticas "buscan axudar os que provocaron a crise e non os que a padecen". En contraste, apostou por "políticas sociais, sostíbeis, pola loita polo cambio climático e por políticas de igualdade", das que dixo que o Estado Español exerce o liderado europeo.

Volveu arremeter contra o goberno de Núñez Feijoo, asegurando "que toma as decisións pensando sempre nos que máis teñen", fronte a "un goberno progresista como o de Zapatero".

No acto socialista tamén estivo presente o candidato ao Parlamento europeo Antolín Sánchez Presedo, que dixo que estas "non serán unhas eleccións rutinarias" e cualificounas como as "máis importantes da historia de Europa". Segundo Sánchez Presedo, "a visión e as receitas da dereita fracasaron".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: