Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cinervoluntariado pola liberdade de navegación

Na procura de buratos no medio da presión censora sobre a a rede

Milleiros de internautas botan man en Irán ou China de ferramentas usadas para burlar o control do goberno.

Redacción - 12:45 02/05/2009

Atribúeselles a expertos informáticos voluntarios do movemento Falun Gong, prohibido polo goberno chinés, o deseño dos sistemas que en China permiten a milleiros de internautas navegar a rede esquivando os fechos e controis impostos pola administración daquel país.

China e Irán son dous dos exemplos onde maior éxito conseguiron as ferramentas deseñadas para escapar do control gobernamental. Plataformas como o Global Internet Freedom Consortium ou o Tor Project fornecen de buratos para permitir a libre navegación dos cidadáns. Visitar diversas páxinas bloqueadas polas administracións ou enviar correos electrónicos sen que os equipos censores revisen e peneiren o seu contido, son algunhas das actividades a prol das que os cibervoluntarios traballan.

Recomendámoslles a reportaxe que sobre o asunto publica o diario estadounidense The New York Times.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: