Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Chegaron 200 relatos a 'Ferve a Rede'

E a rede foi un fervedoiro

Pechou o concurso. Agora un xurado decidirá quen gaña unha romántica (ou erótica) viaxe a Bruxas (Flandres), e quen unha estadía en Amarante (Portugal).

Redacción - 10:00 02/05/2009

A rede quedou fervida, despois de ser un fervedoiro, despois de fervellaren os relatos, vindo uns, chegando os outros, até seren 200. O prazo para enviar microrrelatos eróticos ao concurso que desenvolven a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Vieiros rematou, e agora chega o momento de facer balance, peneira, e poñer diante dun xurado os mellores traballos deste Ferve a Rede 2009.

Finalmente será escollido un conto quentiño, o que máis e mellor puxo a rede a ferver, e o seu autor ou autora gañará unha viaxe para dúas persoas a Bruxas, onde pasará tres noites, gozando do paquete romántico do Hotel Pond (de catro estrelas), que inclúe almorzo, champaña, unha cea romántica e un paseo en barco polo canais da cidade. Mais haberá un outro premio, que se rifará entre os participantes, e que consiste nunha fin de semana romántica na Casa da Calçada de Amarante.

Perto de 200 relatos que puxeron a rede a ferver
No medio últimos relatos que chegaron a concurso anda o titulado Sexo piñeirista, onde se lembra a "romaría da foda piñeirista" que "foi en Trasalba, claro, ao pé do pinsapo no que Otero fixo as primeiras pallas". Hai a quen lle chegan oito palabras para contalo todo -"Somerxerte enteira en min. ser ti. ser eu"-, e quen as emprega todas en contar o Amor cuncheiro entre Percebiño e Ameixola. O voto dos lectores, que non é determinante pero que será tido en conta, deixou nas primeiras posicións os relatos Lostregazos e Corre-doiras, de Chousa; Sexo Piñeirista, de mendezferrin; Baronha, de Suso; e Reixa, ponte quieto e Faino sen avisar de esquerdagalega.

Se te atreviches a enviar tamén o teu relato, fica atento ao resultado deste concurso que fixo ferver a rede un ano máis.

E o ano pasado...
O Ferve a Rede 2008 gañouno Mercedes Folgueira. Velaí aquel microrelato, que lle valeu unha viaxe e Venecia.

Mírote
Nun vaivén de suor núa, alzo a mirada para te ollar mellor.
Quéresme? Disme docemente.
Eu arqueo as cellas...
...nunca souben falar coa boca chea.


Ligazóns

4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O corazón, o pene e o cerebro, colléndose das mans / Flickr: krancien
O corazón, o pene e o cerebro, colléndose das mans / Flickr: krancien
Un pene na parede / Flickr: hd_bcn
Un pene na parede / Flickr: hd_bcn
Agochada nesta árbore / Flickr: kreestal
Agochada nesta árbore / Flickr: kreestal
Doce / Flickr: drewtolson
Doce / Flickr: drewtolson