Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGURIDADE SOCIAL

Traballadores autónomos: cada día somos menos

A Federación de Autónomos de Galiza denuncia o descenso de máis dun milleiro de traballadores por conta propia só na provincia de Pontevedra.

Redacción - 19:00 29/04/2009

Nun momento en que ningún traballador escapa aos efectos da crise, os que o son por conta propia alertan sobre a difícil realidade á que teñen que facer fronte diariamente. A morosidade, o pago do IVE ou un amplo abano de impostos premen sobre este colectivo que informa do descenso de filiación á Seguridade Social. Só na provincia de Pontevedra, o número de autónomos baixou en máis de mil traballadores durante o primeiro trimestre de 2009, o que supón case a metade do descenso rexistrado en todo o ano pasado. Así, segundo os datos da Federación de Autónomos de Galiza (FEAGA), Pontevedra conta na actualidade con 70.630 traballadores por conta propia, cando a cifra chegaba até os 71.152 a comezos de 2009.

Medidas urxentes
Este colectivo demanda decisións inmediatas que reforcen a súa capacidade de resistencia ante a crise. Deste xeito, presentaron un decálogo de medidas entre as que se atopan as seguintes: que se faciliten liñas de crédito que permitan axilizar o pago ás pequenas e medianas empresas por parte da Administración; que se modifique o réxime do IVE para que os autónomos non teñan que adiantar o importe no caso de facturas sen cobrar; reducións impositivas nos gravames de Sociedades, Sucesións e Donacións, no IRPF, no IBI, da recollida de lixo ou da tracción de vehículos. Tamén que se rebaixen as cotizacións, que os impostos se axusten á caida da actividade, que o colectivo teña maior representatividade e que haxa igualdade de trato para as traballadoras autónomas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha das medidas que piden os autónomos é que se modifique o réxime do IVE para que non teñan que adiantar o importe no caso de facturas sen cobrar
Unha das medidas que piden os autónomos é que se modifique o réxime do IVE para que non teñan que adiantar o importe no caso de facturas sen cobrar
Tamén piden que os impostos que lles gravan se axusten á caída da actividade
Tamén piden que os impostos que lles gravan se axusten á caída da actividade