Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIOS 'ANTILINGUA' E 'GALEGO DE PRO'

Escolle os heroes e viláns do noso idioma

'Galicia Profunda' lanza a segunda edición destes galardóns, polos que se pode votar até o 15 de maio.

Redacción - 12:00 21/04/2009

Na primeira edición dos premios convocados por Galiciaprofunda Franco, Francisco Vázquez e Galicia Bilingüe foron os máis votados nas categorías de 'Boina', 'Sacho' e 'Fouciño' de ouro. Nesta ocasión os galardóns son dous, un destinado ás persoas e colectivos que máis atacan ao galego, e outro para os que traballan a prol do idioma. Pódese votar na páxina de Galicia Profunda até o 15 de maio.

Para os primeiros, para o denominado xenericamente 'Premio Antilingua', hai un total de once candidatos, acompañados das razóns que segundo os promotores da iniciativa os poderían facer merecedores de recibir a distinción:
-Núñez Feijóo, por querer derrogar o decreto do galego no ensino
-Os radicais que rebentaron a manifa de Galicia Bilingüe e lle deron a "munición" aos medios de dereitas
-A FAES, por considerar a normalización do galego unha "extravagancia"
-A RAG, por non facer públicos os preocupantes datos de uso da lingua
-UPyD, por vincular galego con fracaso escolar
-O Círculo Financieiro de Vigo, por atacar continuamente a lingua
-A Mesa, por buscar "pelexa" en lugar de defender ben a lingua
-O PSOE, por levar os temas lingüísticos e falar tamén de "imposición"
-O BNG, pola súa postura tan radical coa lingua
-O Hospital Juan Cardona de Ferrol, por discriminar os galegofalantes
-Aqueles que sempre falaron galego e agora renegan del como da peste

Debuta este ano un segundo galardón, o 'Premio Galego de Pro', co obxectivo de recoñecer a unha institución ou persoa viva pola súa actividade  normalizadora. Velaquí os sete finalistas:
-R, pola seu compromiso coa lingua
-Avelino Pousa Antelo, por seguir a ser aos seus 94 anos un galeguista comprometido
-Xosé González, "Pepe o de Redondela", polo seu labor social e na administración
-A xuíza Ana López-Suevos, polo seu uso do galego na Xustiza e polas acusacións ás que se tivo que enfrontar por este tema
-Manuel Rivas, por denunciar a discriminación da nosa lingua e fomentala no resto do mundo
-O Foro Enrique Peinador, por promover o galego na empresa
-Os asteleiros Barreiros, polo seu compromiso coa lingua

O novo número de Retranca, dedicado á lingua
Titular 1: Os galegofalantes teñen menos protección que o lince ibérico. Titular 2: Feijoo aborta o decreto do galego. Así se presenta o número 17 da Revista Retranca, que na súa portada fai referencia á 'Xornada pola lingua' convocada para o 17 de maio. Estará nos quioscos a partir de finais desta semana, con moitos máis contidos unidos pola temática do idioma, a imposición lingüística, a discriminación do castelán e outros chistes.


3,56/5 (27 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: