Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN BARCELONA

Uxía, Kepa Junkera e Mª del Mar Bonet cántanlles aos exiliados

O repertorio está formado por poemas de Joan Oliver e Pablo Neruda e por cancións de Víctor Jara e Lluís Llach.

Redacción - 18:30 16/04/2009

O Auditori de Barcelona acolle este xoves o concerto Música per a l'Exili, no que participará Uxía, xunto con Kepa Junkera, Eliseo Parra, Javier Ruibal, Maria del Mar Bonet, Refree e Sílvia Pérez, baixo a dirección do músico catalán Pau Guillamet Guillamino e do último Premio Nacional de la Música de Chile, Manuel García.

O repertorio, construido a partir da poesía de Joan Oliver, Pablo Neruda, Víctor Jara e Lluís Llach, complétase coas achegas de cada un dos participantes para conformar unha "contribución artística en homenaxe a todos os que sufriron a perda e o sentimento de estranxeiría lonxe da súa terra". Música per a l'Exili é "música que fala da traxedia do exilio, pero tamén de solidariedade e esperanza".

Víctor Jara: Manifiesto
Que el canto tiene sentido / cuando palpita en las venas / del que morirá cantando / las verdades verdaderas, / no las lisonjas fugaces / ni las famas extranjeras / sinó el canto de una lonja / hasta el fondo de la tierra / Ahí donde llega todo y donde todo comienza, / canto que ha sido valiente / siempre será canción nueva.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: