Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
En BOSTON (EUA)

Sospeitoso por usar Linux

Unha universidade confisca os bens dun estudante por considerar que puido cometer un delito ao usar un "sistema operativo con fondo negro e letras brancas".

Redacción - 13:35 15/04/2009

Un estudante de Informática da Universidade de Boston foi atopado sospeitoso polo simple feito de usar Linux no seu computador. A investigación, relacionada coa divulgación nunha lista de correo da identidade sexual doutro alumno, confiscou os ordenadores, o móbil e outros efectos persoais por consideralos posíbeis probas de "fraude informático" e "acceso non autorizado" dun estudante con "conduta sospeitosa" pola súa experiencia informática.

A universidade e a policía tentan identificar o estudante como sospeitoso polo simple feito que é quen de empregar un computador cun sistema operativo distinto de Windows. De feito, entre os elementos incautados atopábase un CD de Ubuntu. Segundo o informe da investigación, que se pode ler na web da Electronic Frontier Foundation, encargada da defensa do mozo, é "considerado un experto entre os seus", "adoita ser visto con portátiles descoñecidos que di que lle son fornecidos pola universidade para probas de campo ou por compañeiros que lle piden que llos amañen", e "usa dous sistemas operativos distintos para ocultar as súas actividades ilegais, un deles cunha pantalla negra e letras brancas".


3,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: