Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
21ª xuntanza da Liga Árabe

"Primeiro que deteñan os responsábeis dos crimes en Iraq e Gaza"

O presidente de Sudán, amparado polo resto de líderes, desafía a orde de arresto do TPI. Gaddaffi enléase co rei de Arabia Saudí.

Redacción - 19:30 30/03/2009
Os líderes árabes amparan o Al Bashir, na imaxe

Os líderes árabes amparan o Al Bashir, na imaxe

Os líderes árabes reunidos en Doha, a capital de Qatar, rexeitaron a orde de arresto do TPI sobre Omar Al Bashir, presidente de Sudán, acusado de crimes de guerra en Darfur.

Nun comunicado divulgado aos medios ao rematar a primeira sesión da 21ª xuntanza da Liga Árabe, este luns, sinalan que a orde viola os Acordos de Viena de 1961

Ademais, afirman que reconducir a situación en Darfur dependerá dun acordo entre todas as faccións sudanesas, non de xulgar o presidente.

Na súa intervención, Al Bashir criticou o TPI. "Primeiro que deteñan os responsábeis dos crimes en Iraq e Gaza", sinalou.

Por outra banda, o líder de Libia, Muammar Gaddafi, condenou as relacións do rei de Arabia Saudí, Abdullah, con Occidente, e cualificouno de produto británico e aliado estadounidense.


Ligazóns

3/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: