Pérez Touriño di que "non lle gusta" da decisión da xuíza de deixar "libre de cargos" a López-Sors.
O presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, avanzou que os servizos xurídicos da Administración redactaron un escrito en que lle solicitan ao Xulgado de Corcubión a apertura de dilixencias complementarias, pois non lle "gusta" a exculpación do goberno español no caso.
Na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, Touriño dixo que "non lle gustaba" da decisión da xuíza de deixar "libre de cargos" a López-Sors, aínda que asegurou "respectar" a decisión xudicial.
Recurso
Nunca Máis presentará este venres un recurso contra o auto do Xulgado de Corcubión sobre o afundimento do 'Prestige' que retiraba a imputación de José Luis López-Sors, que fora director xeral de Mariña Mercante. Considera, ademais, que o informe pericial en que se xustificou o afastamento do petroleiro debe ser declarado nulo porque o perito que o redactou tamén asesorou o goberno español naquela decisión.