Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
CAMBIOS NA PRENSA

O xornal portugués 'Público' priorizará a edición dixital

O director do xornal, José Manuel Fernandes, asumirá responsabilidades nas áreas multimedia e on-line e continuará o proceso de unificación das redaccións.

Redacción - 17:40 26/03/2009

O xornal portugués Público anunciou que potenciará a súa edición dixital. Neste senso, o seu director, José Manuel Fernandes, asumirá novas responsabilidades nas áreas on-line e multimedia. Do mesmo xeito, avanzarase na integración das redaccións de papel e dixital, como xa se anunciara en novembro de 2008.

O director do xornal explicou que a nova filosofía é "pasar dun modelo centrado num xornal impreso para um novo modelo no que todos traballan para producir a mellor información 24 horas por dia e preparada para ser distribuída quer en papel, quer on-line, quer nos móbiles, quer nos novos aparellos de lectura que están a xurdir". De feito, despois dos cambios aplicados por Público seguiron o mesmo camiño a redacción do xornal español El País, ou os New York Times, Guardian e Wall Street Journal.

A presentación efectuouse mediante videoconferencia Lisboa-Porto. Porén, Fernandes quixo deixar claro que os cambios non van supoñer un desinvestimento na edición tradicional: "Temos mesmo proxectos para renovar e mellorar a nosa oferta, sobre todo na fin de semana, con máis páxinas, mais que ler e novas rubricas", e afirmou que o 90% dos contidos da edición on-line proceden do papel.

Tampouco cambia o feito de que "os lectores van continuar a querer información fiábel e de cualidade, aquela que só pode ser traballada en redaccións de acordo con criterios xornalísticos". A diversificación da oferta responde, ademais, "a uma situación de crise que está a obrigar todos a reinventarse".


4,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: