Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aproveitando a decisión xudicial

O PP teima na defensa da xestión da crise do Prestige

O secretario xeral do PPdeG,Afonso Rueda, subliña que o desastre foi provocado polo mal estado do barco.

Redacción - 10:00 21/03/2009

"A instrución do caso revela que a actuación dos técnicos que participaron no dispositivo foi a correcta ao recomendar afastar o barco da costa galega". Así o sentenciaba este venres o secretario xeral do PPdeG e deputado electo, Afonso Rueda. Nun breve comunicado enviado aos medios, Rueda felicítase polo feito de que a imputación se reduza ao capitán, xefe de máquinas e primeiro oficial do petroleiro "unha vez acreditado que o desastre ambiental foi consecuencia do lamentable estado de conservación no que se atopaba o petroleiro".

"Pon a cada un no seu sitio e deixa claro que o suceso tivo a súa orixe no mal estado do barco", analiza Rueda sobre a instrución que vén de concluír no Xulgado de Corcubión. Deste xeito, interpreta que a Xustiza "avala as decisións dos técnicos que participaron no dispositivo".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: