Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexeita as acusacións

Política Territorial retruca a campaña de "difamación" do PP

A consellaría subliña que só xestiona "procedementos ordinarios" e contrapón a situación coa do mesmo departamento durante o último goberno Fraga.

Redacción - 10:45 19/03/2009

"Sería unha irresponsabilidade suspender ou prolongar uns procedementos de licitación de obra pública totalmente regulados e que contribuirán á reactivación económica do país e dos que depende o futuro de moitas familias". Así o argumentaban este mércores desde a Consellaría de Política Territorial, fronte ás denuncias do PP sobre presuntas adxudicacións "masivas" do goberno en funcións.

Defende Política Territorial que o departamento liderado pola conselleira María Xosé Caride "nin variou nin variará" as datas previstas para as adxudicacións de obra pública desde as eleccións do 1 de marzo, indicando que foron convocadas antes dos comicios e que seguen os calendarios de tramitación previstos desde hai meses. Deste xeito, subliñan que se limitan á xestión de procedementos "ordinarios" e de acordo coa legalidade vixente. Ao fío cualifican de "campaña de difamación" as acusacións vertidas polos populares.

Por outro lado, recordan desde a actual Xunta en funcións que o modo de actuación non foi igual hai catro anos e denuncian que o anterior goberno de Manuel Fraga, cando xa estaba en funcións, "chegou a asinar compromisos de gasto o mesmo día en que tomaba posesión" o Goberno presidid por Emilio Pérez Touriño."O respecto á cidadanía e ás institucións democráticas segue sendo unha vez máis un modo de actuar que marca a diferenza entre o actual Goberno e o PP", xustifican desde o equipo en funcións de Política Territorial.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: