A cantante galega visita a capital catalá co seu novo traballo discográfico.
O último disco de Uxía, "Eterno navegar", e o resultado dunha singradura dende Galiza até países como Portugal, Brasil ou Cabo Verde, un traballo no que a cantante parte da tradición galega e á vez se aproxima a estes países atlánticos, coa colaboración de músicos como o pianista das Azores Paulo Borges. O álbum gravouse nos estudios Vale de Lobos, na vila portuguesa de Sintra.
O concerto de Uxía chega a Barcelona no marco da 14 edición do Festival de Cançó BarnaSants na Sala Luz de Gas, o xoves 19 de marzo.
Concerto de Uxía en Barcelona
Xoves, 19 de marzo, 21 h
Entrada: 18 euros
Sala Luz de Gas
Muntaner 246, 08021 Barcelona