Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Evita insistir de momento

Méndez Romeu acepta o tirón de orellas pero teimará internamente na crítica aos pactos

Subliña que alén de relevar a Touriño o PSdeG-PSOE debe facer un debate a fondo "sobre a estratexia e causas" dos resultados do 1M.

Redacción - 18:35 13/03/2009
Méndez Romeu durante un acto de campaña electoral coa secretaria de Organización do PSdeG, Mar Barcón

Méndez Romeu durante un acto de campaña electoral coa secretaria de Organización do PSdeG, Mar Barcón

"As manifestacións do PSdeG son as da súa dirección", sentenciou Varela, "calquera outras, son a título persoal", afirmaba esta semana o presidente da xestora do PSdeG-PSOE, o lugués Ricardo Varela, ao respecto dunhas afirmacións previas do conselleiro de Presidencia en funcións, Xosé Luís Méndez Romeu, quen en declaracións á prensa se mostrara belixerante co pacto destes catro anos e cos propios pactos locais que PSOE e BNG manteñen en cidades e vilas.

O aludido admitiu o reproche este venres en público, e anunciou que reconducirá as súas críticas. "Certamente indicáronme que reconduza a miña opinión aos órganos do partido, cousa que evidentemente farei", comentou Méndez Romeu para os medios á porta da conferencia que este venres pronunciou en Santiago o fiscal xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido, con motivo da apertura do curso académico da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Méndez Romeu si insistiu de todas formas en que na súa opinión alén da escolla do líder que releve a Emilio Pérez Touriño á fronte do PsdeG-PSOE o seu partido debe afrontar un debate máis amplo. "É importante que haxa un debate sobre a estratexia e unha reflexión sobre as causas que puideron motivar os resultados", recomendoulle á dirección socialista. A "viveza", indicou ao respecto, demóstrase "non só pugnando polos postos, senón achegando tamén ideas", defendeu o conselleiro en funcións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: