Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado

Milleiros de cataláns manifestaranse en Bruxelas pedindo un referendo pola autodeterminación

A plataforma Deu Mil a Brussel·les presentará unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Cataluña, para conseguir que a consulta en setembro de 2010.

Redacción - 09:00 04/03/2009

A plataforma Deu Mil a Brussel·les (Dez mil a Bruxelas) está a preparar unha iniciativa lexislativa popular para que o Parlamento de Cataluña convoque un referendo de autodeterminación para o país, que se habería de desenvolver o 12 de setembro de 2010. Para conseguir o seu obxectivo pretenden xuntar, este sábado en Bruxelas, milleiros de cidadáns e cidadás de Cataluña, manifestándose para ser escoitados en Europa.

A plataforma Deu Mil a Brussel·les presentouse esta terza feira en Barcelona, onde lle pediu aos partidos con representación no Parlamento catalán que acepten a trámite a iniciativa que van presentar, que consiste nunha recollida de sinaturas para que a Cámara abra un debate e unha votación sobre o dereito de autodeterminación e que, acto seguido, termine convocando esta consulta popular. A plataforma, que xa recolleu varias sinaturas, conta co apoio de cinco partidos políticos: CDC, UDC, ERC. ICV e EUiA.

Na procura dun "acto de soberanía"
Segundo contan os organizadores no xornal electrónico catalán Vilaweb, o que procuran é un"acto de soberanía" polo cal os representantes do pobo e os cidadáns poidan decidir sobre o futuro do seu país, motivo polo que "o planeamento é radicalmente democrático". Son conscientes de que non vai ser doado que prosperen as súas arelas, tendo en conta o precedente da consulta popular que aprobara o Parlamento vasco, e que foi parada polo Tribunal Supremo español. Mais, segundo din dende Deu Mil a Brussel·les, a diferenza que hai entre a demanda vasca e a súa é que a segunda xorde dunha demanda social, vehiculada dende a sociedade civil cara a clase política, e a primeira viña directamente desa clase política.


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: